O PALACIO DOS PASTEIS
Érase unha vez un país afastado onde había un precioso reino chamado Dulcilandia.
Nese reino naceron catro princesiñas, ante tal acontecemento o rei e a raíña sentiron unha gran alegría; puxéronlles os nomes de catro deliciosos sabores: Mora, Vainilla, Nata e Frambuesa.
Cada ano os reis celebraban o aniversario das súas fillas no que servían numerosos xeados, refrescos, bocadillos, canapés e moitíiiiiiisimos doces.
Pero un día acontecu que no décimo quinto aniversario das nenas os reis organizaron unha gran festa á que convidaron a todo o pobo, pero ocorreu un terrible erro e é que se esqueceron de convidar á bruxa.
Ante tal humillación atrapou as catro princesiñas e encerrounas nun frigorífico de cor prata; o cal non se podía abrir porque estaba baixo o maleficio da bruxa que consistía en que se antes dun ano non viñan catro príncipes a salvalas por amor, estas catro princesiñas podrecerían no frigorífico e morrerían: ao abrir a porta tiñan que bicar á princesas e os seus corpos non se podían fundir uns con outros senón desaparecerían tanto os príncipes como as princesas.
No reino de Dulcilandia quedaron todos atónitos e consternados ante o cruel castigo da bruxa, os asesores do rei decidiron buscar unha solución ao terrible maleficio: a un dos asesores do rei non se lle ocorreu mellor idea que convocar no facebook de internet un foro para tratar de solucionar o problema das princesas.
Como facebook é unha rede social tan ampla chegou a todos os recunchos do mundo e desde afastados países achegáronse moitos príncipes que non tiveron éxito na misión.
Cando xa se achegaba o límite de tempo que impuxera a bruxa e os reis vían todo perdido chegaron catro apostos príncipes chamados Turrón, Mazapán, Chocolate e Coco e entre eles trazaron un plan para salvar ás princesas.
O plan consistía en cociñar unha torta con moito, moito, moito doce para que lla comese a bruxa e rebentase por glotona, xa que eles pescudaron que esa era a súa principal debilidade.
A bruxa ante a fermosa e enorme torta que lle ofreceron os catro príncipes non se puido resistir e zampou o enorme doce de forma que rebentou coma un globo e desapareceu o aire.
Os príncipes conseguiron abrir facilmente o frigorífico de prata porque ao morrer a bruxa, o maleficio deblitouse e abriuse intantaneamente a porta. Os príncipes ante o temor de que o maleficio da bruxa non desaparecese de todo bicaron cada un a unha princesa do seguinte xeito: Turrón bicou a Nata, Coco a Frambuesa, Mazapán a Vainilla e Chocolate a Mora, de modo que os seus corpos non se fundiron e desa forma as princesiñas salváronse de morrer e namoráronse dos seus príncipes salvadores cos cales casaron e foron felices o resto dos seus días vivindo cada parella nun precioo palacio en forma de torta.
E colorín colorao este doce conto, terminou!