Receita enviada por Mª del Pilar Seoane Sánchez
CALDO DE POBRE
INGREDIENTES:
-Patacas.
-Auga.
-Sal.
-Cebola.
-Aceite.
-Pimentón.
PREPARACIÓN:
Pelamos e cortamos as patacas en dados medianos. Poñemos a cocer, coa auga suficiente para que cubra as patacas. Salgamos e deixamos ferver. Cando as patacas xa estén cocidas, retiramos do lume e nunha tixola facemos unha allada con aceite, cebola e pimentón, que engadimos ao caldo de patacas. Servir quente.
0 comentarios:
Publicar un comentario