martes, 4 de mayo de 2010

A HABITACIÓN DESCOÑECIDA DA CASA DA ALDEA

Relato enviado por Gabriel Villar Carballo



A HABITACIÓN DESCOÑECIDA DA CASA DA ALDEA


Tomás un neno de doce anos de idade da cidade de Vigo, un venres póla noite facía a equipaxe cós seus irmáns maiores, Ana de vinte anos e Xoán de quince anos de idade, para coma todo os anos ir a pasar as festas de Nadal a casa da aldea cós avós.
O día seguinte o longo da viaxe a aldea Tomas tivo a impresión de que os seus irmáns non lles facía a mesma ilusión que lle facía a el ir visitar os avós a aldea. Tomas non lle deu moita importancia pois sabia que ámbolos dous deixaban os amigos na cidade, e que ademais na aldea eles non tiñan moitos amigos.
Pero o que Tomas non sabia e que a partir dese día dígovolo eu as vacacións na aldea deixarían de ser o mesmo para el tamén , e vos preguntaredes,¿Que lle pasou a Tomas ese Nadal na aldea?.
Pois vóuvolo contar así que prestade atención ; veredes esto sucedeu un par de noites antes da noite de Reis de ese ano , ímonos situar, para os que non saiban a casa dos avós de Tomas atopase preto da montaña, zona pólo tanto en inverno de grandes nevaradas, de fortes treboadas con moitos lóstregos, os que por certo Tomas lle tiña moito medo; volvendo a casa dos avós era moi grande tiña unha parte nova , que era onde pasaban a maior parte do tempo, ca súa cociña, as súas habitacións etc. Pero ademais conservaba a parte antiga que Tomas por ser o mais pequeno non a coñecía moi ven, sempre lle chamou moito a atención a onde iria aquela escaleira do fondo da palleira, onde a avoa tiña as artesas, pero estaba sempre tan escuro....
Tomas so sabia que tódolos maiores pasaban moitas horas das noites na parte antiga despois de que os mais pequenos se foran a durmir , o que xeneraba en Tomas arduos desexos de coñecer o que facían póla noite ai os maiores. Ese ano estaba decidido a comprobalo , faríao, a poder ser a noite seguinte.
Durante a xornada seguinte Tomas comportouse de xeito habitual desexando que chegara a noite, despois de cear foise a durmir, puxo o pixama, deixou sobre o baúl unha candea e meteuse na cama e púxose a xogar a nittendo para non quedarse durmido. Sobre as once da noite levantouse despaciño para non facer ruído e que non o sentiran anque era difícil por outro ingrediente que outorgaba maior emoción e maior medo a situación da que ía disfrutar Tomas, era unha gran treboada con moitos lóstregos, na casa non había luz. A pesar de esto Tomas non se amedrentou , colleu a candea , prendeuna e cós seus pés descalzos e a candea na man foi hasta a palleira, abriu a vella porta que comunicaba a palleira ca parte antiga da vivenda; e comezou a baixar póla vella escaleira de madeira. Cando se atopaba na metade da vella escaleira viu un resplandor por debaixo da porta onde remataba a escaleira, despezo puxo a súa man no peseillo da porta e abriuna despaciño, e viu unha habitación escura e pequena alumbrada ca luz do lume e algo afumada con un olor agradable olor pero descoñecido para el, a luz era do lume da lareira acesa, enriba dela un pote antigo que burbullaba e fumegaba, ¿que intriga?¿que contiña o pote? ¿ porque estaban a escuras? ¿serian bruxos, meigas...? ¿qué era aquel olor ?, o redor de dito pote Tomas viu a súa familia, estaba sentada en cadeiras vellas, cunhas cuncas nas mans, escoitando unha historia que narraba o seu avó. Tomas agochouse a escoitar na escaleira, a historia que o seu avó contaba e que por suposto escoitou enteira, o que non puido saber era o que comían, porque pronto se sentiu mergullado na historia que contaba o seu avó. Cando este terminou Tomas voltou a súa habitación e deitouse a durmir e púxose a recordar o que acababa de oír a seu avó o que lle axudou a Tomas a durmir moito mellor a pesar da gran treboada.
O avó vira a Tomás , habia tempo que o esperaba, pero non dixo nada , un pouco de intriga e suspense estaba ven, e sorriu para si, ¿que diría Tomas si soubera que as cuncas contiñan castañas cocidas en leite.
A partir da maña seguinte o espertar Tomas decidiu que ía a disfrutar tódalas noites das emocionantes historias do seu avo

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
 
Lareiras e Potes