jueves, 6 de mayo de 2010

PASTEL DE MILLO

Receita enviada por Romina Abal Hermida


PASTEL DE MILLO

INGREDIENTES:
250 gramos de fariña de millo
250 gramos de manteiga de vaca derretida
250 gramos de azucre
8 ovos
1 vaso de ron

PREPARACIÓN:
Sepáranse as claras das xemas e mézclanse coa fariña. Despois añádese a manteiga e o azucre, coas xemas de ovo e o ron.
Amásase ben e incorpóranse as claras batidas a punto de neve. Prepárase un molde con manteiga e fariña, vértese a masa e métese no forno non excesivamente forte ata que se dore. Pínchase cun garfo ou cunha agulla para saber se está cocido por dentro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
 
Lareiras e Potes