Receita enviada por Milagros Hermida Navazas
LACÓN CON GRELOS
INGREDIENTES:
1 lacón
6 chourizos
6 patacas grandes
2 manoxos de grelos
PREPARACIÓN:
Ponse a desalar o lacón en abundante auga fría durante dous días.
Nunha tarteira grande colocar o lacón e cubrir con abundante auga, deixar cocer lentamente. Cando esté cocido añádenselle os grelos e por último as patacas mondadas e enteiras, e os chourizos.
É recomendable cocelo todo xunto, pois o ácido dos grelos quítalle a grasa ó lacón e dalle un sabor peculiar ó plato.
0 comentarios:
Publicar un comentario